"A procura do tesouro" de Migallas agota as súas prazas na primeira hora de inscricións
Por Redacción
O prazo de inscrición nas actividades "A procura do tesouro" e "A hora do conto", iniciábase este luns ás 8 horas e, como ven sendo habitual, a resposta dos interesados en anotar aos seus fillos nelas, foi masiva.
Antes de que o Pazo da Cultura abrira as súas portas, decenas de persoas gardaban cola na escuridade dende ás 07:00 horas para non correr o risco de quedar sen praza. Un madrugón máis que xustificado, xa que cara as 9 da mañá, só unha hora despois de abrir as portas, non quedaban vacantes nos cursos de Migallas Teatro, pasando a formar parte as inscricións das listas de espera.
Ás 14:00 horas, quedaban disponibles tres prazas no obradoiro de animación á lectura de Pavís Pavós "Chintófanos nas quimbambas", para nenos de 4 a 12 anos, que probablemente se cubrirán o martes.
O horario para formalizar a matrícula, especialmente en "Experimenta" e "RockLab", nos que aínda queda dispoñibilidade, é de 8 a 14 horas.