Unha vertedura enturbia o río Lerez á altura da ponte das Correntes
Por Redacción
A primeira hora da mañá deste martes un grupo de pontevedreses que corrían por orillamar encontráronse cunha vertedura no río Lérez. Nótase unha liña divisoria entre a auga limpa e a afectada pola vertedura.
O punto de vertedura produciuse á altura da ponte Das correntes, preto da desembocadura do río Rons no Lérez e, en principio, parece provocado por concentración de terra.
As persoas que o presenciaron deron alerta ás autoridades e sobre as 8.30 horas da mañá desprazáronse ao lugar axentes da Policía Local.
Fontes da Comandancia indicaron que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil non recibiu aviso do sucedido.