Un mozo de Ponte Caldelas intenta pagar unha bicicleta mezclando billetes e papeis en branco
Por Redacción
O veciño de Ponte Caldelas P.T.A. foi detido en Ourense como presunto autor dun delito de estafa por intentar comprar unha bicicleta valorada en 2.500 euros 'coando' papeis en branco no medio de billetes reais.
Segundo a información facilitada pola Policía Nacional de Ourense, recollida por medios locais ourensanos, o mozo ten 25 anos e quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración no Xulgado de Garda.
As presuntas vítimas da súa estafa son un pai e o seu fillo que concertaran unha cita con el para realizar venderlle de forma directa unha bicicleta de segunda man.
Ao parecer, o rapaz entregoulles un billete de 100 euros, dous de 50, un de 20 euros e varios papeis en branco e dispúxose a abandonar o lugar. Cando os vendedores recontaron o diñeiro decatáronse do engano e evitaron que fuxise. Retivérono ata que chegou a Policía.