Pilar Dopazo presentarase ás primarias de Compromiso para a alcaldía de Pontevedra
Por Redacción
Este xoves foi presentada en Pontevedra a candidatura de Pilar Dopazo Leirós, veciña de Estribela, como candidata ás eleccións primarias de Compromiso por Galicia á alcaldía.
Dopazo, administrativa de profesión, é presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Praceres, do que foi alumna. Sostén que desexa formar un equipo de goberno para levar a cabo un goberno ético, do que todos e todas poidamos estar orgullosos. Un equipo con capacidade de xestión pero que nestes intres persiga a xustiza social preocupándose dos máis desfavorecidos.
Desexamos un concello transparente e democrático onde a veciñanza saiba o que hai dentro con vías de participación nas tomas de decisións, afirma. E móstrase convencida de que, para iso é preciso abrir as portas e ventás do Concello, ter paredes de cristal e que entre o aire fresco.
Móstrase animada do resultado das primarias. Cando menos, estou tranquila pois facemos o que dixemos: primarias abertas á cidadanía, e agardo contar co apoio dos meus compañeiros e veciños, para levar adiante este proxecto que tanto me ilusiona, afirma.
Pilar Dopazo Leirós ten 42 anos, é administrativa e directiva na Asociación de Veciños de Estribela; directiva no Santo Andrés Club de fútbol; dende hai 19 anos directiva e na actualidade presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Praceres.
Relacionadas:
-
Plural e chea de mocidade, así presenta Compromiso por Galicia a súa candidatura en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pilar Dopazo será a candidata ás municipais de Pontevedra por Compromiso por Galicia
Por Redacción |
-
Unha "brava do país" fronte a "actitudes do tempo de Queizán"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea e Compromiso por Galicia avanzan na súa folla de ruta cara ás municipais en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
31 de outubro, data máxima para coñecer o candidato de Compromiso por Galicia en Pontevedra
Por Redacción |