Ademáis de Froiz outras tres empresas amosaron interese en instalarse en Barro-Meis
Por Redacción
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, confirmou este xoves contactos co grupo Froiz para a súa posible instalación no polígono industrial de Barro-Meis, aínda que recordou que a quen lle corresponde a decisión de asentar alí o seu centro loxístico é á propia empresa "que ten presentar a proposta en tempo e forma".
Neste sentido, lembrou que a Deputación ten en licitación a ocupación das parcelas de Barro-Meis cunhas "condicións extraordinarias para motivar e estimular ao ámbito empresarial", dado que se establece un prezo de 105 euros por metro cadrado, a pagar en 15 anos.
As empresas poderán optar presentar as súas propostas de ocupación ata o 3 de novembro e, segundo asegurou Louzán, ademais de Froiz, outras tres empresas amosaron xa o seu interese en instalarse en Barro-Meis, "posiblemente o mellor parque empresarial do sur de Galicia pola súa ubicación estratéxica".
Louzán amosouse convencido de que este "é o tramo final para que Barro-Meis poida acadar una ocupación case completa", dado que ás condicións favorables para a instalación de empresas se suma a próxima adxudicación da construción do viveiro "para que novos emprendedores poidan poñer en marcha aí a súa iniciativa empresarial".
Trátase, concluíu, de dúas medidas que "van cambiar a cara dese polígono, que se vai reanimar e revitalizar a súa actividade comercial".
Relacionadas:
-
O polígono de Barro Meis acada o 50% de ocupación
Por Redacción |
-
Varias empresas interésanse "fóra de prazo" por adquirir unha parcela en Barro Meis
Por Redacción |
-
Adxudicadas a Vila Miño S.A., en 1,3 millóns de euros, as obras do viveiro de empresas de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Magín Froiz: "La sede principal del Grupo Froiz está en Poio y seguirá estando en Poio"
Por Alejandro Espiño |
-
Rafael Louzán: "En moi pouco tempo o polígono de Barro-Meis estará totalmente ocupado"
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas grandes cadeas de supermercados pugnaron con Froiz para mercar Moldes
Por Anxo Lourido |
-
Grupo Froiz alcanza un acordo para comprar Supermercados Moldes
Por Redacción |