Iníciase o asfaltado da barriada de Beneficiencia en San Pedro
Por Redacción
O Concello de Marín esta levando a cabo a mellora, limpeza e asfaltado da barriada de Beneficiencia en San Pedro.
O servizo de vías e obras da Deputación está a acometer estes traballos cos medios do parque de maquinaria e a axuda da brigada de obras municipal e do persoal adscrito.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacou que esta barriada necesitaba un tratamento importante tendo en conta que levaba moitos anos sen que se realizará unha actuación desta natureza.
A actuación comprende as rúas de acceso, as zonas interiores e o limpamento do ámbito da Piscina Municipal.
A semana pasada déronse inicio os traballos previos e estes días iniciáronse os labores de asfaltado que melloran os accesos nunha zona que estaba e se encontraba absolutamente degradada.