Denuncian a aparición dunha nova vertedura no río Loira
Por Redacción
Unha nova vertedura alcanzou este martes as augas do río Loira, afectando a tamén á praia na zona da desembocadura, segundo denuncia o grupo municipal do BNG en Marín.
A voceira nacionalista, Pilar Branco, explicou que axentes do Seprona comprobaron que se trataba de augas fecais procedentes, en principio, da rede de bombeo municipal situada xunto ao río.
Os veciños da zona alertaron ao servizo de emerxencias 112 a última hora da tarde: "segundo as testemuñas, as augas baixaban totalmente abrancuxadas polo verquido e despedían un tufo a fecal que alertou de que algo ía mal. Pudo estar producíndose dende moitas horas antes, e incluso días, a xuizo do aspecto que presentaba o río", declarou Blanco.
O río Loira non é, segundo o BNG, o único punto que está a sufrir verteduras nos últimos meses xa que "prodúcense tamén habitualmente no aliviadoiro do bombeo situado no muelle de Aguete", manifestou a concelleira nacionalista.
Pilar Branco entende ademais que se trata "dunha total incompetencia da concelleira de Medio Ambiente", ao non tomar medidas ao respecto tras as verteduras detectadas na zona.