Sanxenxo quere que os barcos destinados a despezamento se empreguen para fins turísticos
Por Redacción
A Asociación Villas Marineras, na que se encontra englobado o Concello de Sanxenxo ademais doutros nove destinos turísticos destacados do norte de España entre os que tamén están Baiona y Ortigueira, avogou por impulsar un cambio normativo que permita destinar a usos turísticos algúns dos barcos de pesca que cesan na súa actividade extractiva coa intención de que poidan ter unha prolongación da súa vida marítima.
A lexislación actual obriga os armadores a despezar as embarcacións como condición imprescindible para acceder ás axudas que a UE concede aos que abandonan a actividade pesqueira. Esta proposta foi tratada na Asemblea Xeral Extraordinaria de Villas Marineras que se desenvolveu en Ribadesella coa intención de que, en circunstancias debidamente taxadas e acreditadas, se permita destinar a usos turísticos embarcacións retiradas da pesca e que, actualmente, teñen como destino o despezamento.
As Vilas Mariñeiras seguirán preparando un borrador para avanzar, ao longo dos próximos meses, unha proposta.