A ruta do viño Rías Baixas precisa un novo impulso
Por Oskar Viéitez
Os socios da Ruta do Viño Rías Baixas reuníronse para debatir e concretar un relanzamento e un novo impulso dela despois de 17 anos da súa creación.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, actuou coma anfitrión nesta xuntanza de traballo na que participaron alcaldes como os de Salvaterra, Ribadumia ou Cambados e o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, e o técnico da Ruta, Ramón Burdeos.
En xeral, todos os intervintes incidiron na necesidade de atraer máis visitantes a bodegas, restaurantes e hoteis. Para iso é imprescindible detectar e concretar debilidades da Ruta, incrementando o esforzo de promoción exterior tanto da Ruta como do produto de xeito coordinado entre as adegas, o sector hosteleiro e as Administracións.
Do mesmo xeito consensuaron que é importante potenciar a formación dos Guías oficiais e das bodegas, mellorar a sinalización e homoxeneizar horarios, datas de apertura, fins de semana, etc.
Ademáis falouse da importancia de incrementar a labor de difusión da Ruta, con ofertas conxuntas e coordinadas, e non pensar tanto na repercusión directa na adega a corto plazo, senón cunha proposta que inclúa ás adegas, aos atractivos da comarca paisaxísticos, culturais e gastronómicos, etc. a medio plazo.
Niste senso, varios socios propuxeron potenciar a labor de Marketing, máis que a administrativa, e incrementar a presencia nas Redes Sociais.
Seis adegas asociadas á Ruta do Albariño recibirán a Q de calidade
Unha vez rematada a xuntanza cos 108 asociados, Louzán afirmou que a Deputación orgaizará nos vindeiros meses de xaneiro ou febreiro unhas Xornadas da Ruta do Viño Rías Baixas _seguramente en Soutomaior_ para que os asociados se coñezan entre sí, comproben qué está a facer cada un, coñezan qué se está a facer noutros lugares, definan novas rutas e incorporacións, acorden accións concretas para relanzar a Ruta da DO Rías Baixas e incrementar o seu valor engadido así como a rendabilidade para o sector vitícola e hosteleiro en xeral, apuntaron.
No 2012 a Ruta recibeu a 50.000 visitantes, hoxe é a 6ª ruta de viño de España por detras das de Ribera de Duero, Rioja e Rioja Alavesa, Penedés e Jerez.
En breve, seis adegas asociadas á Ruta do Albariño recibirán a Q de calidade de adegas, feito que as convertirá en pioneiras en España.
Pola súa banda, Gil de Araújo anunciou a incorporación ao itinerario da Ruta das Camelias e dos Xardins das Rías Baixas e que o día 15, en Cambados, terá lugar unha Xornada de Cata comentada de Espumosos.