Cotobade terá o Plan Xeral aprobado antes de que remate o ano
Por Redacción
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo aprobará definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cotobade antes de que remate o ano, de tal maneira que o municipio pasará de rexerse por unhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas en febreiro de 1997 a ter un documento actualizado.
O anuncio realizouno este luns a Xunta de Galicia a través dun comunicado no que sinala que esta previsión de aprobación do PXOM poderase levar a cabo "grazas á máxima colaboración técnica" entre as administracións local e autonómica, xa que se está a facer todo o necesario para poder contar con todos os informes sectoriais para que neste 2014 este documento sexa unha realidade.
Na actualidade, o plan xeral de Cotobade atópase pendente do informe provisional, pero xa conta cun Informe Previo a Aprobación Inicial (IPAD), polo que, unha vez que se incorporen as alegacións e se aprobe o aprobe o Pleno da Corporación, o documento poderá ser remitido á Xunta de Galicia para a súa análise e aprobación definitiva.
No pasado xa se tramitaron dous PXOM, un do que se chegou a emitir un IPAI en marzo de 2006 e que se arquivou sen finalizar e, o seguinte, en 2009, o Concello só contratou a redacción. O actual alcalde enviou o documento para IPAI en 2012 e, dous meses despois, emitiuse dito informe. Así mesmo, mantivéronse dúas reunións técnicas: en 2011 e 2013, co fin de levar a cabo axustes antes da aprobación inicial. En agosto de 2013 aprobouse inicialmente polo Pleno, pasou a información pública e, na actualidade, xa dispón de todos os informes sectoriais, agás Patrimonio, polo que está na fase final da súa tramitación.
Unha vez sexa emitido este derradeiro informe, o Concello presentará a proposta da Memoria Ambiental, ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e, a continuación, o aprobará provisionalmente a finais de ano e remitirao á Xunta para a súa aprobación definitiva.
Relacionadas:
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade acusa ao Concello de ter "dúas varas de medir" en relación co PXOM
Por Redacción |
-
O alcalde de Cotobade lamenta que os socialistas votaran en contra da aprobación inicial do PXOM
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta axiliza a tramitación do PXOM de Cotobade e do parque empresarial de San Xurxo de Sacos
Por Redacción |