Un turismo leva por diante catro metros do muro da igrexa de Santa María de Caldas
Por Redacción
O condutor dun turismo resultou ferido e necesitou asistencia sanitaria na madrugada deste sábado tras verse implicado nun accidente de circulación en Caldas de Reis. Por motivos que se descoñecen, colisionou contra o muro anexo á igrexa de Santa María.
Segundo informou Protección Civil de Caldas de Reis, o accidente produciuse uns minutos antes da media noite do venres ao sábado e obrigou á intervención de varios voluntarios da agrupación e de axentes da Policía Local e a Garda Civil da localidade. Os voluntarios caldenses se encargarn da limpeza da calzada.
O sinistro produciuse na estrada N-550, a poucos metros do cuartel da Garda Civil. O vehículo implicado foi un turismo marca Kia que circulaba en dirección a Pontevedra e xiraba á dereita para incorporarse á avenida Doña Urraca cando, por motivos que non se aclarou, saíu da vía e chocou co muro da igrexa.
A consecuecia da colisión, botou abaixo uns catro metros de muro. Ademais, o condutor e sufriu feridas e foi atendido no propio lugar do accidente por persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Caldas. A continuación, foi trasladado por unha ambulancia de Protección Civil de Vilagarcía a un centro sanitario. Estivo consciente en todo momento.