Sen atoamentos no primeiro día co tráfico reordenado na ponte dos Tirantes
Por Redacción
A reestruturación do tráfico rodado no ámbito da ponte Dos tirantes posta en marcha este luns 3 de decembro non afectou á circulación nin ocasionou retencións ou atoamentos.
Arrancaban as obras para dotar de seguridade viaria e accesibilidade a rotonda da ponte, primeira actuación prevista no Plan de Mobilidade proposto polo Concello e consensuado coas distintas entidades locais de Pontevedra.
Os vehículos xa viron cortado o tráfico no acceso actual á rotonda se proceden de Monte Porreiro e están a ser canalizados por un dos dous carrís máis próximos á urbanización de Tafisa. Segundo sostén a Policía Local, non ocasionou incidencias de na circulación pola zona.
Con motivo desta actuación, reordenouse o tráfico no acceso e saída da rotonda cara a Monte Porreiro, dado que na actualidade a distribución do tráfico nese punto é un tanto irregular.
O proxecto considera a supresión dos dous carrís procedentes de Monte Porreiro pola avenida de Bos Aires, e proxecta canalizar este tráfico polos dous carrís que na actualidade son de saída da rotonda por Bos Aires, cara Monte Porreiro.