Buscan o escaparate de Nadal máis orixinal e atractivo, apúntaste?
Por Alejandro Espiño
"El año pasado vimos muchos escaparates atiborrados, causaba rechazo y en esta ocasión vemos un avance muy grande". ÿ a primeira impresión do xurado que cualifica os escaparates dos 47 establecementos que participan no certame Ponte en Nadal, un concurso de escaparates que se celebra por segundo ano no centro histórico.
Este concurso organízase despois do éxito do celebrado en primavera, Ponte en flor. Trátase, segundo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, de iniciativas coas que se pretende impulsar actividades que dinamicen o comercio neste momento de crise. Ademais, subliñou a importancia que os escaparates adquiren nunha cidade como Pontevedra que aposta por un ambiente peonil.
"El objetivo de este concurso es que conseguir que los comercios vendan a través de la primera ventana para atraer al cliente, los escaparates", explicou Carlota Román, quen destacou a importancia de que o comercio local poña da súa parte para que os clientes "puedan hacer las compras en Pontevedra, aprovechando una zona peatonal que te vale de distracción, de paseo".
As bases do certame establecen que a decoración inclúa motivos relacionados co Nadal pero con liberdade de estilo. "Buscamos que sean atractivos y que se vayan profesionalizando, en definitiva que hagan un comercio de calidad", dixo Carlota Román. Pero ante todo, o xurado valorará a orixinalidade e que o produto sexa atractivo.
Os tres premios para os comercios que participan son de 500, 300 e 200 euros e os clientes destes establecementos teñen opción a cubrir unha papeleta entre as que se sortearán dez cheques-compra por valor de 20 euros para consumir en comercios adheridos á Zona Monumental e Aempe.