Augas de Galicia pasa a xestionar a depuradora de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Consello da Xunta de Galicia deste xoves aprobou o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponte Caldelas para a asunción da explotación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) deste municipio pontevedrés.
Este convenio, cuxa vixencia é de catro anos, supón unha achega de preto de 780.000 euros por parte de Augas de Galicia.
Augas de Galicia deberá asumir os gastos que deriven da prestación do servizo e facilitarlle á entidade local a información técnica que lle solicite co fin de avaliar os resultados da explotación e a calidade das augas.
Pola súa banda, o Concello de Ponte Caldelas deberá ter un censo actualizado dos permisos de vertedura, que lle remitirá a Augas de Galicia con periodicidade anual, xunto cos informes analíticos de seguimento destas verteduras
ÿLTIMA FASE DO SANEAMENTO DE TABOADELO
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, supervisou ademais a marcha das obras da última fase do saneamento de Taboadelo toda vez que se concluíu a construción da pista de acceso baixo a cal se tiveron que facer importantes labores de enxeñaría para canalizar as canalizacións do colector e a recuperación da rede de regadío existente para garantir a subministración de auga aos terreos situados nas inmediacións desta obra.
Perfecto Rodríguez espera ter finalizado o saneamento nesta parroquia a finais deste ano ou nos primeiros meses do 2015, cuxo investimento total nas súas varias etapas supera os 310.000 euros.
Relacionadas:
-
Sae a licitación o contrato de explotación da EDAR de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Xunta asume a explotación das depuradoras de Ponte Caldelas e da Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación investirá 62.000 euros na instalación dunha EDAR en Taboadelo
Por Redacción |
-
O saneamento de Taboadelo finalizará este ano
Por Redacción |
-
A Xunta adxudica o saneamento integral da Reigosa con 5.800 metros de colectores e unha depuradora
Por Redacción |