O asfaltado de Xofre de Tenorio obrigará a cortes temporais do tráfico durante dous días
Por Redacción
A rúa Xofre de Tenorio sufrirá cortes de tráfico temporais durante os dous próximos días para proceder a traballos de asfaltado. Faranse durante o venres e o sábado, para causar os menores prexuízos nunha zona "estratéxica" para a entrada no centro histórico, segundo sinalaron desde o goberno municipal.
En concreto, estas interrupcións da circulación rodada, segundo informa a Policía Local, produciranse o venres pola tarde, entre as 15.00 e 19.30 horas; e o sábado todo o día, entre as 8.00 e as 13.00 horas e as 15.00 e 19.30 horas.
Esta rúa estivo en obras nas últimas semanas para reformar as beirarrúas e eliminar as barreiras arquitectónicas que tiña, así como para mellorar o entronque coa rúa Xan Guillerme.
As obras rematarán con estas tarefas de asfaltado e actuarase desde Beiramar ata a rotonda de Concepción Arenal.
O orzamento total desta obra é de 60.026 euros.