Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño
O borrador dos Presupostos Xerais do Estado para 2015 reserva case 35 millóns de euros para investimentos na cidade.
Entre eles lévase a maior parte o primeiro tramo da circunvalación de Pontevedra, a futura autovía A-57. Para esta actuación o Ministerio de Fomento reserva 25 millóns de euros, no que supón o impulso inicial da infraestrutura.
A partida destínase ao inicio da construción dos 6 quilómetros entre Vilaboa e A Ermida, que conta coa oposición veciñal a través da plataforma Salvemos A Fracha.
O presuposto total para este tramo ascende a algo máis de 94 millóns de euros, se ben o resto do financiamento se repartirá entre as seguintes anualidades.
As outras dúas infraestruturas que se levan partidas importantes son a rede de abastecemento de auga, que encara a recta final nos seus traballos cunha adxudicación de 6,8 millóns de euros, e o desdobramento da Avenida de Vigo, obras xa iniciadas e que se levan 2 millóns en virtude do convenio asinado entre Fomento e o Concello de Pontevedra.
No resto da bisbarra destacan os preto de 7,5 millóns de euros reservados para o Porto de Marín, que mellorará os seus accesos terrestres, a zona de atraques e o calado da instalación. Tamén recibirá unha importante inxección do Porto de Vilagarcía, con algo máis de 2,7 millóns.
Caso á parte son as obras do tren de alta velocidade no seu tramo do Eixo Atlántico, que centrará un investimento superior aos 110 millóns de euros ao seu paso pola provincia, segundo o avance dos Presupostos Xerais do Estado.
No bando contrario, o dos investimentos pendentes, quedan algúns proxectos anunciados como a reforma do nó de Bombeiros, que deberá esperar polo menos ata 2016 para recibir financiamento.
Relacionadas:
-
Seis millóns de euros para a reforma do nó de Bombeiros e os accesos á AP-9
Por Alejandro Espiño |
-
O PP mételle presa a Ana Pastor para que proceda á inmediata licitación do tramo Vilaboa-A Ermida da A-57
Por Oskar Viéitez |
-
'Salvemos a Fracha' invita a Ana Pastor a dar un paseo pola Serra da Fracha, ameazada pola A-57
Por Redacción |
-
O PP rexeitou todas as emendas dos socialistas aos PGE 2015 para Pontevedra
Por Redacción |
-
A débeda da Deputación de Pontevedra situarase nun 38% ao rematar este ano 2014
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Nó dos Bombeiros tamén será apto para os peóns
Por Redacción |
-
Case 13 millóns de euros en emendas para "poñer a Pontevedra no mapa" do Goberno
Por Alejandro Espiño |
-
Os comuneiros de Marcón deciden en asemblea apoiar as reivindicacións de Salvemos a Fracha
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57
Por Redacción |
-
Informe positivo del Ministerio de Medio Ambiente á remodelación do Nó de Bombeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Salvemos A Fracha achega á cidade as "cores e sabores" ameazadas polo paso da A-57
Por Redacción |
-
Os colectivos que alegaron contra a A-57 lamentan que se teñan "ninguneado" as súas reclamacións
Por Redacción |
-
Ana Pastor asegura que non se moverá "ni un arbusto" para construír a A-57 sen ter o visto bo ambiental
Por Alejandro Espiño |