O Grove e A Lama poñen en marcha os seus obradoiros de emprego
Por Redacción
A Xunta puxo en marcha este martes o obradoiro de emprego "Monte das Flores V" do Grove e "Conca do Río Verdugo-Oitavén", na Lama.
O obradoiro do Grove terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta e o Concello están a investir máis de 200.000 euros.
O obxectivo destes cursos é preparar a 19 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e en Deseño de Produtos Gráficos: un director, una titora, unha administrativa e tres monitores.
O obradoiro da Lama tamén é de seis meses e o custe para a Xunta e o Concello é de 220.000 euros. E dará formación en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e en Forestal-Xardinería.
Nos dous casos as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o salario mínimo interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos.