Piden a Fomento unha revisión da política de peaxes ante a cuarta subida na AP-9 nun ano
Por Redacción
A peaxe da AP-9 subía o 1 de setembro a 5,15 euros entre Pontevedra e Santiago e a 3,50 entre Pontevedra e Vigo. Era xa o terceiro incremento do ano e parece que non se detén. O 1 de xaneiro de 2013 os prezos volverán aumentar, neste caso, en atención á suba do IPC interanual.
Este incremento constante nos prezos puxo de pé de guerra particulares e transportistas e agora a protesta chegou ao BNG. A deputada nacionalista no Congreso Rosana Pérez esixe o Ministerio de Fomento que free unha suba de prezos que en 2013 serán case un 50% superiores aos de hai unha década.
A deputada que dende setembro substitúe a Francisco Jorquera na Cámara estatal recorda que o incremento do 1 de xaneiro sería o cuarto nun ano e presentou unha iniciativa parlamentaria na que insta a Fomento a revisar "a política de peaxes" para "camiñar na dirección de diminuír os seus custos".
Ve especialmente alarmante este incremento constante nos custos no contexto de "grave crise económica como o actual" e recorda que a AP-9 es "unha das vías máis caras do Estado", ademais de que "carece dun programa de descontos e non ofrece un servizo óptimo".
Relacionadas:
-
Haberá rebaixa na peaxe Pontevedra-Vigo antes de 2013?
Por Oskar Viéitez |
-
O boicot á AP-9, "un auténtico éxito" para os seus impulsores ao reducir o tráfico ata un 27%
Por Alejandro Espiño |
-
Os pontevedreses, chamados por Facebook a un boicot á AP-9
Por Redacción |
-
No 2013 cruzar Rande seguirá sendo gratuito para os condutores de O Morrazo
Por Oskar Viéitez |