Indemnizan un comercio con 10.000 euros por danos causados polas obras de Joaquín Costa de 2006
Por Redacción
As obras de reforma polas que se urbanizou a rúa Joaquín Costa no ano 2006 seguen dando rabexadas. As máquinas non volveron á zona, pero púxoas de actualidade unha recente sentenza xudicial. Os propietarios dun comercio recibirán oito anos despois unha indemnización polos danos que lle ocasionaron.
Durante as obras de urbanización, unha tenda de mobles sufriu danos no local valorados en 10.697 euros, reclamou o Concello de Pontevedra polos danos e prexuízos ocasionados e o xulgado acaba de darlle a razón, de tal forma que terá que ser indemnizada.
A Xunta de Goberno deste luns analizou a sentenza e o voceiro municipal, Raimundo González, explicou que, tras coñecerse o fallo, o Concello decidiu chegar a un acordo cos comerciantes reclamantes. De todos os xeitos, a indemnización non lle corresponde pagala ao Goberno local, senón que o custo dos danos lle corresponde ao seguro de responsabilidade civil.