Restricións de tráfico na Autovía do Salnés a partir do luns para proceder ao seu repintado
Por Redacción
Tarefas de repintado ocasionarán, a partir do luns 29 de setembro, restriccións de tráfico na autovía AG-41, a Autovía do Salnés.
Os traballos, segundo informa a Xunta de Galicia, prolongaranse durante polo menos tres semanas, sempre que a meteoroloxía acompañe, provocando cortes de carril alternativos en función das zonas na que se encontren traballando os operarios.
Nun primeiro momento procederase a cortar o carril rápido coa intención de repintar a liña do eixe, bordo esquerdo e os símbolos, para posteriormente cortar o carril dereito, deixando en todo momento un carril por sentido para a circulación.
Durante os días que se produzan os traballos os condutores estarán informados a través dos paneis informativos da vía.