A Lama subvencionará as cotas das actividades extraescolares das familias sen recursos
Por Redacción
O Concello da Lama asumirá o pagamento das cotas, das familias sen recursos, fixadas pola ANPA para as actividades extraescolares co fin de que ningún neno do colexio se vexa privado da súa participación por cuestións económicas.
O alcalde, Jorge Canda, explicará na reunión de pais prevista para o próximo luns, o criterio que seguirán os Servizos Sociais do Concello para determinar que familias cumpren os requisitos necesarios para poder beneficiarse desta axudas extraordinarias que poñerá en marcha a administración local.
A ANPA da Lama ten previsto poñer en marcha este curso un total de 7 actividades extraescolares entre as que destacan natación, cuxo traslado dende o colexio ata a piscina e regreso se realizará a través de medios de transporte que poñerá a disposición dos alumnos o Concello da Lama.
Outra actividades extraescolares previstas serán fútbol, patinaxe, baile moderno, inglés, manualidades e traballo en coiro. O custo por actividade será de 12 euros para os nenos cuxos pais pertenzan á ANPA e 15 euros no caso de que non. Tamén se establece unha rebaixa na cota de socios do ANPA para este curso escolar pasando dos 15 euros habituais os 10 euros fixados nesta ocasión.