Agricultura ecolóxica e saúde, no Centro Social Leste
Por Redacción
As segundas xornadas técnicas organizadas pola Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia celebraranse os días 4 e 5 de outubro en Pontevedra.
Baixo o título Agricultura ecolóxica e saúde as xornadas incidirán na necesidade dunha boa alimentación e a relación deste tipo de agricultura coa saúde.
O Centro Social Leste volverá acoller o evento, que arrancará o sábado 4 cunha mostra de produtos de tempada e unha serie de charlas de 11:30 a 19:00 horas.
Pola súa banda o domingo pecharase a actividade co 'Aliméntate da horta' ás 18:00 horas.
Ademais do Concello de Pontevedra colaboran nas xornadas a Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII).