Organizan un descenso do Lérez en colchóns inchables
Por Diego Espiño
Empezou como unha broma entre un grupo de amigos, cun habitual 'a que non te atreves', pero a convocatoria correu como a pólvora e ameaza con converterse nun auténtico fenómeno social.
Trátase de realizar un descenso do río Lérez en colchóns inchables e vestidos con traxes de neopreno.
A idea parte de Raúl Sánchez, tal e como explica un dos seus amigos, David Pérez Araújo, co "objetivo de pasar un rato de diversión y buen rollo". Non obstante as mensaxes a través do servizo de mensaxería Whatsapp empezaron a circular "y las redes sociales lo han multiplicado", recoñece, ata o punto de que nadadores, triatletas ou montañeiros lles confirmaron que acudirán á cita.
Este peculiar descenso realizarase na tarde deste xoves 25 de setembro, con saída nas inmediacións do Casino Mercantil, en Mourente, ás 17:00 horas e final na praia fluvial.
O único requisito é acudir con traxe de neopreno, algún inchable ou táboa e ganas de pasalo ben, pois se trata dun evento que non conta con ningún tipo de pretensión competitiva nin organización oficial. De feito non hai nin que realizar todo o traxecto polo río, "cuando nos cansemos salimos al sendero y seguimos un rato a pie", declara entre risas Pérez Araújo.