O Pazo da Cultura substitúe os cristais rotos
Por Redacción
As obras de substitución de 18 cristais de grandes dimensións, ubicados sobre o vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura, estanse levando a cabo neste semana. Pese a que os vidros foron danados hai meses por mor da cicloxénese de finais de decembro e a granizada nos primeiros días do ano, a confluencia de diferentes factores foi precisa para poder executalas: 4 días de bo tempo continuados, non interferir nas actividades programadas e contar cunha grúa habilitada para un traballo de tal envergadura.
A grúa, ubicada á altura das instalacións da Policía Local, conta con 110 toneladas de carga e un brazo de preto de 65 metros, necesarios para alcanzar a zona de difícil acceso que é a cuberta inclinada na que se atopa a vidrieira sobre o hall do noso auditorio.
A finalización dos traballos está prevista para o venres noite, data ata a que o tráfico de vehículos estará cortado nese punto concreto, pero posibilita o acceso ás zonas de aparcamento tanto na explanada superior do Recinto coma no resto da rúa Rafael Areses. O tráfico peonil só está permitido durante o mediodía e a noite, horas nas que se paralizan momentaneamente os traballos.
Relacionadas:
-
Froiz e Viaqua renovan a súa colaboración co Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño |
-
A rúa Rafael Areses permanecerá cortada o xoves
Por Redacción |
-
Case 150.000 euros para a 'posta a punto' do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
A cafetaría do Pazo da Cultura reabrirá en outubro
Por Alejandro Espiño |