Tres procesións nocturnas reúnen centos de devotos da Merced
Por Redacción
Tres procesións reuniron este martes pola noite a centos de devotos da Nosa Señora da Merced.
A máis multitudinaria partiu dende a clínica da Mercede e tardou unhas dúas horas en completar o seu percorrido pola estrada xeral ata o mosteiro de San Xoán de Poio, polo camiño sumáronselle as outras dúas que arrancaron dende a capela de Campelo e dende a igrexa de San Roque, en Combarro.
Este mércores, festivo local en Poio, celébrase a misa da vendima e de novo sairá outra procesión a partir das 19.00 horas. Ao igual que sucedeu o martes, aos actos religiososo seguirá unha verbena nocturna con degustación de rosca e queimada.