O Concello recibe uns 30.000 metros cadrados de espazo público no barrio de Monte Porreiro
Por Redacción
Uns 30.000 metros cadrados de espazo público. ÿ o que, aproximadamente, ocupan as parcelas que o Concello de Pontevedra recibirá da Xunta de Galicia no barrio de Monte Porreiro. A Xunta de Goberno aceptou esta cesión que, segundo explicou o voceiro do goberno municipal, Raimundo González, inclúe na súa maior parte sobrantes de parcelas que foi edificando o Instituto Galego de Vivenda e Solo.
En concreto, son catro parcelas situadas na mazá comprendida entre as rúas Reino Unido, Alemaña, Irlanda e Luxemburgo; e outras dúas situadas entre a igrexa do barrio e o instituto Luis Seoane. O mantemento de todas elas correrá, a partir de agora, a Cargo do Concello.
Ademais, nesta cesión inclúese a zona verde situada arredor do centro de saúde, que xa coidaba o goberno municipal e que agora logra a súa titularidade definitiva.