Os socialistas poñen en marcha a maquinaria electoral
Por Redacción
O próximo día catro de outubro coa celebración do comité provincial comeza o calendario de traballo dos socialistas da provincia de Pontevedra para as municipais de maio de 2015. Neste comité se elixirá la comisión de garantías electorais e se informará para as localidades de máis de vinte mil habitantes do proceso de celebración das primarias.
Pontevedra, Marín ou Vilagarcía, entre outras localidades, porán celebrar primarias, sempre e cando existan máis de dous candidatos. Para presentarse os militantes terán que acadar un vinte por cento de afiliados a esa localidade que os avale, proceso que concluirá o 17 de novembro. A votación final será o día 30 de novembro.
O secretario xeral provincial Santos Héctor sinalou que este proceso de primarias é un sistema de dar a decisión aos militantes e que cada agrupación poda contar co mellor candidato "compañeiros con ilusión e ganas de sacar o proxecto socialista adiante, porque neste intre os cidadáns nos necesitan para parar os recortes do goberno do Partido Popular".
Os socialistas da provincia de Pontevedra mantiveron este luns unha xuntanza de traballo cunha representación dos deputados no Congreso no Senado e no Parlamento de Galicia para estudar as peticións que elevarán en forma de emendas aos orzamentos da Xunta e do Estado.
Santos Héctor recordou que aos orzamentos do ano pasado se presentaron emendas por valor de 132 millóns de euros para a provincia de Pontevedra que foron todas rexeitadas polo goberno do Partido Popular. Igual aconteceu cos orzamentos da Xunta.
Relacionadas:
-
As primarias para elixir o candidato do PSdeG-PSOE en Pontevedra, o 30 de novembro
Por Redacción |
-
A lista de Abel Caballero é apoiada no Teatro Principal polo 82% dos socialistas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, novo secretario xeral do PSOE; Madina foi o preferido en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |