Reforman os baños e os vestiarios do Pavillón da Cañota
Por Redacción
O Concello de Marín reformou os vestiarios e os aseos do Pavillón da Cañota despois de que a final de curso se acometesen os arranxos do chan, dos asentos ofrecendo unha imaxe renovada da instalación deportiva.
Estas obras englóbanse nun plan de mellora dos pavillóns deportivos de Sequelo, A Raña e A Cañota coa posta a punto dos espazos exteriores a través do asfaltado das zonas de acceso e dos aparcadoiros.
No interior tamén se mellorou a instalación de madeira do Pavillón de Sequelo, ademais das pistas deportivas no Colexio de Seixo e o limpamento de espazos no centro escolar do Carballal.
Ademais, segundo informa o Concello de Marín, tamén se encontran en marcha as obras de pintado do Estadio Municipal de San Pedro e os arranxos nos vestiarios, que se encontraban deteriorados.
As obras están cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra.