Unanimidade na corporación de Pontevedra para aprobar as contas locais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As contas xerais do Concello de Pontevedra para 2013 foron aprobadas por unanimidade no pleno da corporación municipal celebrado este luns.
O concelleiro do Partido Popular, César Abal, xustificou ante o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o apoio do PP matizando que "traer a sua Conta Xeral ao Pleno non significa estar de acordo coa súa xestión económica" e criticou os 206 "reparos" de funcionarios municipais, especialmente de Intervención, que o rexedor levantou. "206 insubmisións", afirmou Abal.
O concelleiro responsable de Facenda, Raimundo González, apuntou que este levantamento de reparos é un trámite que está recollido na lei. González Carballo lamentou o ton "belixerante" do edil do PP e esixiulle "coherencia" xa que a orde do día do Pleno inclúe a creación dunha praza de administrativo para o grupo municipal do PP, que conta co informe contrario por parte da Intervención.
A pesar desta discusión os tres grupos municipales BNG, PSOE e PP e a concelleira non adscrita, votaron a favor das contas que agora serán remitidas ao Tribunal de Contas.
Relacionadas:
-
O PP alerta de que o Consello de Contas revisará 173 actuacións do Concello contrarias a Intervención
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Lores cre que o PP só intenta facer "algo de barullito" coas súas críticas ás contas municipais
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia 206 irregularidades do goberno de Lores que non trasladará á Fiscalía
Por Redacción |