Piden unha reunión de urxencia da comisión de seguimento dos núcleos do litoral de Marín
Por Redacción
O BNG acusa á alcaldesa de Marín, María Ramallo de romper o consenso existente entre todos os grupos políticos sobre os núcleos de litoral do municipio ao acudir a Madrid en solitario entrevistarse pola súa conta co director xeral de Sostenibilidad del Mar y de la Costa. Instaa a que convoque de maneira urxente a comisión de seguimento permitenente.
O concelleiro do BNG Xosé María Vilaboa afirma que "durante anos este tema foi tratado co máximo respecto e consenso por todos os grupos políticos da corporación municipal xunto coas Plataformas do Litoral, e nas reunións, tanto en Marín como en Madrid, sempre houbo unha representación veciñal e municipal de todos os grupos".
O concelleiro nacionalista engade que "a alcaldesa debería aclarar por que o borrador presentado polo goberno do PP legaliza directamente os núcleos do Mediterráneo, e deixa pendentes de xustificación os núcleos de Marín, obrigando a iniciar un novo proceso de xustificación".
O BNG asegura que solicitou reiteradamente á alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos Costa, que convoquen a comisión de seguimento ao fin de analizar a situación dos núcleos de Marín despois da aprobación do PXOM e da presentación do borrador da nova Lei de Costas, pero que "está claro que a alcaldesa só busca protagonismo e rendemento político e, non só rompe o consenso, senón que se nega a convocar a comisión de seguimento".
"ÿ preciso levar adiante o acordo ao que se chegou con Costas do Estado durante o anterior mandato municipal, de legalizar as casas dos veciños afectados tal e como referenda o informe favorable do PXOM e reclamar da Xunta o arquivo dos expedientes que aínda penden sobre ás vivendas", continúa o edil do BNG.
Recorda que algúns afectados están a pagar avais bancarios e nos tribunais aínda están abertos procesos que é urxente resolver, así como iniciar o expediente para harmonizar a fachada costeira dalgún núcleo co fin de rebaixar a liña de 20 metros nas zonas necesarias, tal e como recoller a Lei de Costas, e esixir do Estado que recolla no seu anexo o recoñecemento dos núcleos de Teoira, Casás, parte de Loira e Aguete e os legalice directamente do mesmo xeito que se legalizan os do Mediterráneo.
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez: "Marín foi o concello que mellor soubo xestionar a situación dos núcleos do litoral"
Por Natalia Puga |
-
O PSdeG leva ao Congreso que a Lei de Costas "non perpetúe" a Ence en Lourizán
Por Natalia Puga |
-
Costas da o último paso para rebaixar o deslinde de Lourido, Campelo e Covelo
Por Redacción |