A crise non repercutiu nas axudas económicas para os enfermos de alzheimer
Por Oskar Viéitez
Este domingo 21 de setembro será o día mundial do Alzheimer, unha enfermedade que afecta a máis de 25.000 personas na provincia de Pontevedra e resultan implicadas por ela (familiares, coidadores, etc.) máis de 100.000, según os datos ofrecidos polo voceiro das asociacións pontevedresas de familiares de enfermos de alzhéimer, José Carlos Rodríguez.
Según dixo, Galicia é unha zona de especial risco pois máis de 23% da súa poboación tén máis de 65 anos. Para él, o fundamental é dar un diagnóstico precoz así como formación aos coidadores pois, cando non son profesionais ou os enfermos son atendidos por familiares (o 90% dos casos), son frecuentes os casos de alteracións psicolóxicas e reproducción da enfermedade.
As asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer Afapo-Pontevedra, Afasal-Salnés, Afamo-Morrazo e Afaga-Vigo acudiron este venres á Deputación para asinar un convenio co presidente provincial, Rafael Louzán, por un importe global de 60.000 euros.
Louzán destacou o bó funcionamento e coordinación das catro asociacións que, co seu traballo coordinado "facilitan as cousas á Administración e funcionan dun xeito óptimo".
Ademáis das axudas establecidas polos convenios "que non baixaron a súa cuantía dende o inicio da crise", salientou Louzán, a Deputación aporta as asociacións outras liñas de axuda como cesión de vehículos adaptados ou organización de charlas na provincia, entre outras.
Louzán destacou que "é fundamental apoiar e mellorar a calidade de vida dos enfermos así como as das súas familias e coidadores por eso, a Deputación quere estar máis preto das persoas que o necesitan para que entre todos se garanticen os servizos de atención universais".