Os Reis acoden a Marín para celebrar o aniversario da promoción de Felipe VI
Por Redacción
Don Felipe e Dona Letizia presidirán o venres, 26 de setembro, os actos que terán lugar na Escola Naval Militar de Marín con motivo do XXV aniversario da entrega de reais despachos á 389 promoción do Corpo Xeral da Armada, á que pertence o Rei, e ás promocións 119 do Corpo de Infantaría de Mariña e 64 do Corpo de Intendencia da Armada.
O Ministerio de Defensa confirmou a visita real.
Esta será a segunda vez que os Reis visiten Galicia este mes de setembro, despois de que o pasado martes día 16 os monarcas inaugurasen o curso escolar nun centro educativo do municipio de Pereiro de Aguiar.
Ademais, este será a terceira viaxe de Felipe VI e dona Letizia como Reis de España, tras a súa primeira visita como monarcas o pasado 25 de xullo, cando A súa Maxestade o Rei viaxou acompañado da Raíña a Santiago de Compostela para cumprir coa tradición da Ofrenda ao Apóstolo. Non estiveron, pola súa banda, na tradicional entrega de despachos que se celebra na Escola Naval coincidindo co Día do Carme.
Felipe VI iniciou a súa formación militar en setembro de 1985 na Academia Xeral de Zaragoza, onde prestou xuramento á bandeira o 11 de outubro de 1985.
Continuou a súa formación na Escola Naval Militar de Marín e na Academia Xeral do Aire de San Javier, sucesivamente, recibindo no mes de xullo de 1989 os despachos.
Relacionadas:
-
Nin o Rei, nin Rajoy, nin o Elcano asistirán á entrega de Reais Despachos en Marín
Por Redacción |
-
Vémonos o Día do Carme en Marín
Por Redacción |
-
Rajoy presidiu a entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O Rei abdica
Por Redacción | Creada e actualizada