Rematarán as obras de ampliación do Hospital do Salnés a finais de 2015?
Por Redacción
O gabinete de comunicación do Sergas saíu ao paso para disipar as dúbidas alimentadas por AGE sobre os prazos da ampliación do Hospital do Salnés.
Os deputados de AGE, Juan Manuel Fajardo e Eva Solla, cuestionan a data porque o proxecto que sae a licitación fixa un prazo de execución de 27 meses.
Pola contra a Consellería de Sanidade mantén que os traballos rematarán a finais de 2015 para garantir a dispoñibilidade dos Fondos Europeos que financian o 80% do investimento.
Os deputados de AGE pedirán explicacións no Parlamento en relación co desfase de datas para a execución das obras.
Mentres a Consellería segue co proceso administrativo e técnico que "desembocará a finais do presente ano na adxudicación do proxecto e, posteriormente, no inicio da ampliación".
Relacionadas:
-
Dragados asina o contrato para realizar a obra de ampliación do hospital do Salnés
Por Redacción |
-
As obras de ampliación do Hospital do Salnés comezarán antes de 2015
Por Redacción |
-
Vilagarcía outorga licenza municipal para ampliar o Hospital do Salnés
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía busca un acordo cos comuneiros para crear un novo aparcadoiro no hospital
Por Redacción |
-
A espera media para unha operación cirúrxica sitúase en 31 días nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta anuncia a "inmediata" licitación das obras de ampliación do Hospital do Salnés
Por Redacción |