Acusan unha limpadora de ocultar droga na casa na que traballaba
Por Mónica Patxot
A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra deixou visto para sentenza o xuízo contra unha parella de arousanos acusados dun delito de tráfico de drogas.
A letrada da defensa solicitou a nulidade das escoitas telefónicas, da cadea de custodia e do rexistro da vivenda onde se encontrou a droga, 45 gramos de cocaína e unha báscula de precisión.
Segundo mantén o fiscal antidroga, Luis Uriarte, a muller ocultaba droga na vivenda na que traballaba como limpadora e a súa parella se encargaba da súa distribución.
O Ministerio Público solicitaba inicialmente unha pena de cinco anos para o home e catro para a muller aínda que rebaixará a petición de pena debido ás dilacións indebidas que sufriu o caso.