Denuncia na Gardia Civil que usan a súa identidade para facer compras en distintos municipios
Por Redacción
Unha veciña de Ponte Caldelas ten as sospeitas de que unha ou varias persoas están a utilizar a súa identidade para realizar compras e gastos en diversos establecementos e empresas nos que ela non estivo e cos que nega toda vinculación.
A muller denunciou os feitos ante a Garda Civil de Pontevedra, que investiga os feitos. Trataríase dunha estafa que tería empezado a principios de novembro.
Segundo denunciou, no mes de agosto alguén comprou varios artigos nun establecemento de Oleiros e os pagou con cargo a unha tarxeta da denunciante, en catro recibos de 50 euros cada un, pero ela sostén que nunca realizou tal compra. O banco reclámalle agora o pagamento deses recibos.
A seguinte sospeita de que estaban a suplantar a súa identidade tívoa cando unha compañía teléfonica lle reclamou o pagamento de 200 euros en recibos sen pagar de chamadas realizadas dende outro municipio coruñés. Ela desvincúlase tamén desas accións e das facturas debidas.