Unha "burbulla" pontevedresa no anuncio de Freixenet para este Nadal
Por Alejandro Espiño
Nin Antonio Banderas, nin Sharon Stone, nin Paz Vega, nin Paul Newman, nin Penélope Cruz... Así poderiamos seguir, case, ata o infinito. Todos eles felicitáronnos o Nadal desde o tradicional anuncio do Nadal de Freixenet. Pero este ano, nin rastro de famosos. O anuncio máis agardado do Nadal español está protagonizado por quince persoas anónimas. E entre elas, un pontevedrés.
"Quiero rendir tributo a la vida, por eso este brindis va por mis padres. Ellos me la dieron y no podrían haberme hecho un favor más grande que ese". ÿ a achega de Javier López ao brinde colectivo que propón a firma de cava catalá. A mensaxe deste mozo pontevedrés é unha das quince que chamaron a atención do director de cine Bigas Luna, responsable do anuncio deste ano.
Foi unha das propostas que os internautas mandaron a La vida es para celebrarla un concurso convocado por Freixenet para recoller os mellores desexos de xente anónima para 2013, e ao que se presentaron 2.251 persoas. Tras unha votación por Internet, Luna elixiu finalmente as quince que compón o mosaico deste "potente, innovador y esperanzador anuncio" e que gañaron cada unha 3.000 euros.
Tratábase, segundo Bigas Luna, de brindar "por lo que de verdad importa, con una evidente intención emotiva, sentimental y nostálgica, pero también humorística, alegre y esperanzadora".
Igual que Javier López, o resto dos quince protagonistas deste anuncio, dedican o seu brinde a aqueles que consideran que merecen ese recoñecemento e entre os que atopamos un enfermo de alzhéimer, un neno con síndrome de Down, unha persoa con discapacidade, pero tamén un rapeiro, unha muller que dá a luz á súa filla, uns nenos interpretando un conto fantástico ou unha "burbulla" doméstica.
"Estoy encantado con la campaña, parte de una idea magnífica: españoles que mandan su brindis. Es espectacular y ha demostrado que España es un país con talento", explica Bigas Luna, que quixo que, a pesar da innovación, estivese presente a "indispensable" marca da casa, a popular burbulla. Son elas as que introducen aos quince protagonistas do anuncio.
A campaña, realizada pola axencia JWT, consta de sete anuncios diferentes, que se emitirán a partir do 2 de decembro en televisión, nos que hai "mucho equilibrio, porque van de la risa al llanto, y con tanta fuerza como un parto en directo, algo histórico. Estoy encantado y muy contento con el resultado".
Pola súa banda, o presidente de Freixenet, Josep Lluis Bonet, admitiu que nun principio estaban "algo preocupados" polo risco que corrían pero, tras ver o resultado non descartou que esta sexa a mesma liña dos anuncios futuros. "Una burbuja salió en 1972 en la televisión, habló al país y provocó una revolución. Ahora la burbuja vuelve a hablar al país".