Planazo: rutas en catamarán pola ría de Arousa, de balde
Por Redacción
Planazo: rutas en catamarán pola ría de Arousa, de balde.
Teñen plan para o sábado? Non? Apunten
O programa "Arousa a bordo" oferta catro rutas por ríaa, en catamarán, de forma gratuíta.
- Para este sábado día 1 un tour fotográfico pola ría. A saída será ás 11.00 horas de Vilagarcía dirección Cabo de Cruz e a volta está prevista para as cinco da tarde.
Si non chegan a tempo hai máis posibilidades
- O domingo 2 de decembro corresponde a ruta Cambados-Riveira, con saída ás 8.45 horas desde o porto cambadés e cunha ruta de senderismo polos montes barbanzanos con regreso para as cinco da tarde.
- O xoves 6 decembro sairá ás 11.00 horas de Vilanova un catamarán rumbo A Pobra do Caramiñal, con ruta pola localidade incluída.
- Para o sábado 8 ofertan a ruta Sálvora-Festa do Marisco de O Grove, con saída ás 10.00 horas de Riveira.
- Finalmente o 9 de decembro prográmase a última excursión: unha ruta de observación de aves na ría de Arousa, con saída ás 10.00 horas de Rianxo e chegada á Illa ao mediodía.
Interésalle? Pois fagan o seu reserva no teléfono 659621032. Repito, é de balde.