A puxanza económica da Belle Époque trasládase a Cuntis
Por Redacción
Cuntis converteuse nunha vila termal francesa durante este sábado 13 con motivo da terceira edición da Festa da Belle ÿpoque. Durante toda a xornada se desenvolveron numerosas actividades no ámbito de centro histórico do municipio con actuacións infantís, música, representacións teatrais e un circo con xogos propios dos anos 20 e numerosos postos de mercadores no casco histórico.
O Mercado de Artesanía desenvolveuse con numerosas actividades comerciais mentres se realizaban paseos en carruaxe típica da época tirada por un cabalo. As numerosas actividades leváronse a cabo coa alegría daqueles anos tolos da Belle ÿpoque nos que a burguesía adiñeirada se convertía na clase social preponderante.
A festa concluíu coa celebración da Cea-Baile de ÿpoca na carpa instalada na praza da Constitución coa presenza de numerosos comensais vestidos con traxes e adornos que recreaban os que se empregaban a principios do século XX. Un divertido baile final serviu para poñer o broche final a unha festa que se consolidou na vila de Cuntis.
Relacionadas:
-
Os comerciantes de Cuntis recuperan a súa feliz Belle Époque
Por Redacción |
-
Comerciantes e hostaleiros de Cuntis rescatan a Festa da Belle Époque
Por Redacción |
-
Cuntis deixa de celebrar a festa da Belle Époque por falta de orzamento
Por Redacción |
-
Todo listo en Cuntis para regresar aos anos 20 coa III edición da festa Belle Epoque
Por Redacción |