As mareas vivas poñen a proba a canle do río Lérez
Por Redacción
As mareas vivas de setembro acompañadas polo fenómeno da superlúa puxeron a proba a canle do río Lérez.
A preamar na ría de Pontevedra situou ao Lérez ao límite do desborde.
O taboleiro da ponte dos Tirantes quedou somerxido baixo a auga converténdose nun muro que impedía a navegación río arriba.
Nas Corbaceiras o contraste foi maior, os barcos amarrados no peirao pasaron de estar a varados en seco tocando fondo durante a baixamar, a situarse á mesma altura que os vehículos coa suba da marea.
Mesmo foi necesario desaloxar algúns vehículos que estaban estacionados na rampla de baixada do vello peirao, un espazo no que a Autoridade Portuaria prohibe estacionar pero que a cotío se ve ocupado por algúns coches.
Por unhas horas o Lérez esqueceu os seus problemas de calado. Os historiadores calculan que dende a época romana o leito do río subiu uns dous metros de altura.