O goberno local espera asinar un convenio coa Xunta para a rede de sumidoiros para Mourente e Bora
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Facenda, Raimundo González, avanzou este mércores que o goberno local de Pontevedra está a traballar nunha nova modificación de crédito con motivo do terceiro convenio de rede de sumidoiros coa Xunta de Galicia, que dará resposta ás demandas dos veciños de Mourente e de Bora.
O concelleiro explicou que se consignará unha partida inicial para este ano, aínda que entre a redacción do proxecto e a adxudicación da obra o gasto vai ser bastante limitado neste 2014.
Raimundo González indicou que o investimento se fará en dúas anualidades, consignándose para este ano unha cantidade, aínda sen definir, pero próxima aos 50.000 euros. En total o proxecto superará o millón de euros.
"Se non hai consignación non se pode licitar", resumiu González Carballo para xustificar esta nova modificación de crédito que irá ao próximo pleno "e se non dá tempo, a outro extraordinario".
As negociacións coa Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha deste convenio aínda non se pecharon pero o goberno local decidiu dar este paso xa que espera que "o goberno da Xunta sexa sensible con esta demanda veciñal" de aproximadamente 130 vivendas, apuntou o edil de Facenda.
Relacionadas:
-
O PP afirma que os veciños de Mourente e de Bora temen que o Concello os deixe sen saneamento
Por Redacción |
-
O PP pedirá en Pleno ao goberno local que dote de orzamento o saneamento de Mourente
Por Redacción |
-
Mourente iniciará mobilizacións para que se dote de sumidoiros a O Pazo, Carabelos e Eirós
Por Redacción |
-
Cincocentos veciños de Mourente demandan unha rede de saneamento
Por Oskar Viéitez |