A avenida Raíña Vitoria estrea 'lombos'
Por Redacción
A avenida Raíña Vitoria súmase á nómina de rúas pontevedresas con 'lombos' instalados para calmar o tráfico. Este martes a rúa permaneceu cortada varias horas para que se puidesen acometer as obras de construción destes pasos elevados e pouco antes das 18.30 horas quedou aberta á circulación con total normalidade e estreando estes badéns.
A instalación dos 'lombos' enmárcase dentro das obras que se levan acometendo en Raíña Vitoria nas últimas semanas para mellorar a seguridade vial e accesibilidade e concentrouse na xornada deste martes para que as novas canles estean rematadas para o paso de La Vuelta Cicilista a España o próximo xoves 11 de setembro.
O tráfico quedou pechado dende primeira hora da mañá dende a rotonda de San Roque ata o cruzamento da rúa Palamios e para garantir a circulación pola zona, a Policía Local estableceu un operativo especial de tráfico. Rematada a instalación, reabriuse a circulación con total normalidade, segundo fuenes municipais.
Cando rematen todas as obras, toda a rúa, dende a Audiencia Provincial ata a rotonda de San Roque, se sinalizará como zona residencial. ÿ dicir, os vehículos non poderán circular a máis de 20 km/h.
Ademais, durante as primeiras obras da tarde realizouse outra obra necesaria para o paso da La Vuelta Ciclista a España: asfaltar parte da rotonda de San Roque. O asfaltado obrigou a pechar o Paseo Colón, a ponte da Barca e a propia rotonda dende as 15.00 horas. A restrición durou tres horas, pois pasadas as 18.00 horas o tramo quedou aberto.
Relacionadas:
-
O mércores 12 córtase o tráfico na rúa Alameda
Por Redacción |
-
A semana arranca coa construción dos 'lombos' de Raíña Vitoria, que se cortará o tráfico o martes
Por Redacción |
-
Apuran a instalación de lombos en Raíña Vitoria antes do paso de La Vuelta
Por Redacción |
-
Anuncian 'lombos' en Raíña Vitoria, a peonalización de Alfonso XIII e lixeiros cambios en Echegaray
Por Alejandro Espiño |