Un total de 421 alumnos de infantil e primaria inician este mércores as clases en Ponte Caldelas
Por Redacción
Un 8,2% de alumnos máis que o pasado curso iniciarán as clases este mércores 10 de setembro no concello de Ponte Caldelas. OCEIP da Reigosa que xa superou o pasado ano o centenar de alumnos incrementouse a matrícula nun 8% chegando o censo a 109 escolares.
Durante os últimos días leváronse a cabo reparacións de mobles e de distintos danos que se observaran en distintas dependencias do centro educativo da Reigosa. A Fundación Juan XXIII procedeu ao mantemento da zona verde do recinto escolar atendendo ao contrato que mantén o colectivo co Concello.
No CEIP Cordo Boullosa cursarán 282 alumnos que contarán con aulas ampliadas e cunha rampla de acceso lateral, obras acometidas durante o verán.
Este centro contará, por terceiro ano consecutivo, de comedor escolar tras afrontar o Concello de Ponte Caldelas, en colaboración coa Consellería de Educación, as obras do comedor e da zona multiúsos nun espazo situado nos baixos do centro.
A principal novidade encóntrase en que o comedor será xestionado pola Xunta de Galicia, cun total de 25 comensais. Segundo o Concello de Ponte Caldelas, garántese que o prezo por alumno se adapte ás circunstancias socioeconómicas das familias usuarias deste servizo.