O Pelete homenaxea a Guillermo Cabadas, o primeiro confrade de honra da Festa do Viño
Por Redacción
Os veciños do Pelete na Lama dedicaron este martes 9 a ofrecer unha homenaxe a Guillermo Cabadas Cabano, o primeiro confrade de honra da Festa do Viño do Pelete, que recibiu un talle do Carballo centenario como mostra de agredecimiento do seu pobo polo traballo realizado a favor desta celebración durante moitos anos.
Tamén se celebrou a procesión en honor á Virxe dos Remedios que saíu seguindo a marcha dos acordes da Banda de Música Cultural deArcade e despois de bordear a capela se dirixiu ata o carballo centenario.
Na comitiva estivo presente o alcalde da Lama, Jorge Canda, que agradeceu ao mordomo saínte o traballo realizado este ano a favor do éxito alcanzado pola festa e se conformou o relevo nesta tarefa para o próximo ano. Os cargos serán ocupados por Elicio Camiña e Susa Ogando.