Os traballadores de Linorsa ameazan con protestas se non se lles aboa a totalidade dos seus salarios
Por Oskar Viéitez
Os traballadores da empresa Linorsa encargada do servizo de limpeza de distintos edificios públicos na comarca concentráronse este luns ante a Delegación de Sanidade para advertir á empresa que se poña ao corrente do pagamento das nóminas.
A pasada semana, tras unha reunión co comité de empresa, Linorsa regularizou o pagamento de salarios debidos, agás a metade da nómina de agosto.
A inquietude dos traballadores levou a iniciar unha mobilización a xeito de advertencia coa intención de que as administracións públicas interveñan no asunto. Días atrás os representantes sindicais tamén denunciou o non pagamento de nóminas ante Inspección de Traballo.
Segundo fontes sindicais, a compañía xustifica os atrasos en falta de liquidez, unha cuestión da que informaron na reunión celebrada a pasada semana.
"Podemos entender que en cualquier empresa existan problemas puntuales y haya dificultades para abonar, pero que mantengan informados a los trabajadores para tranquilizar los ánimos, porque la incertidumbre es lo que nos mata", explicou Isaac Gutiérrez, o responsable da federación de Servizos de UGT.
Relacionadas:
-
CC.OO. estuda denunciar á Deputación ante a Fiscalía por malversación de diñeiro público ao contratar Linorsa
Por Anxo Lourido |
-
As limpadoras dos centros de saúde e administración de Xustiza sopesan ir á folga
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Piden que se anule a concesión á empresa de limpeza dos centros de saúde por problemas nos pagamentos
Por Anxo Lourido |