Catro comunidades de montes planean a xestión conxunta de Castiñeiras-Cotorredondo
Por Redacción
A xunta reitora dos comuneiros de Santa Cristina de Cobres acordou esta semana someter á aprobación desta comunidade a constitución da Fundación para a xestión conxunta do parque de natureza Castiñeiras-Cotorredondo por parte das comunidades de montes de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa, Santomé e San Xulián de Marín.
Segundo informa César Blanco, presidente da xunta reitora desta comunidade de montes, "este é un proxecto que pretende a posta en valor deste espazo natural de preto de 80 hectáreas que nos últimos anos ven sufrindo un paulatino abandono por parte dos actuais xestores".
"Pretende ser un modelo de referencia no que debe ser a xestión do monte galego combinando a producción industrial de madeira, o aproveitamento micolóxico e de froitos (nomeadamente castaña) do bosque autóctono, a educación medioambiental e o uso social e turístico do monte", engadiu.
A Asemblea Ordinaria de Comuneiros está convocada para o 5 de outubro, e nela tratarase a actualización do Plan de Ordenación do Monte Comunal.
Por outro lado, anunciouse aos comuneiros que poderán solicitar a madeira para leña sobrante das tarefas de poda.
Relacionadas:
-
Volverán as barbacoas ao lago Castiñeiras?
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra integrarase na Fundación Lago Castiñeiras
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres negocian co Arzobispado a cesión da casa rectoral
Por Oskar Viéitez |
-
Arrancan as tarefas de mellora no entorno do Lago Castiñeiras
Por Redacción |
-
O BNG responsabiliza á Xunta do abandono de Castiñeiras e insta a tomar medidas inmediatas
Por Redacción |
-
O Lago de Castiñeiras acolle a segunda proba do Open Galicia de descenso BTT
Por Redacción |