A Deputación concede achegas para a depuradora de Ponte Caldelas e unha barredoira en Marín
Por Redacción
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a concesión de achegas para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Tourón e para a adquisición dunha máquina barredoira en Marín.
Concretamente aprobouse a concesión dunha subvención de 52.609 euros ao Concello de Pontecaldelas para instalar unha EDAR no lugar de Buchabade.
A nova EDAR dará servizo a unha poboación de 250 habitantes. O prazo de execución dos traballos previstos é de 6 meses e, según se establece no proxecto, na súa instalación traballarán 7 operarios.
BARREDOIRA PARA MARÍN
A Deputación tamén concedeu unha subvención de 124.227 euros ao Concello de Marín para adquirir unha nova barredoira de limpeza viaria.
O Concello de Marín ten hoxe dúas barredoiras para atender os núcleos urbáns de Marín e Seixo e os viais das praias nos que, na tempada estival, é preciso reforzar a súa limpeza debido á grande afluenza de visitantes.
As dúas máquinas teñen unha antiguedade de 14 anos e veñen sufrindo un progresivo desgaste, avarías, etc. que obrigan a adquirir unha nova barredoira para prestar servizos de calidade e garantías.