O Campionato Nacional de Uñas chega a Pontevedra
Por Redacción
Este mes de setembro Galicia acollerá por primeira vez o Campionato Nacional de Uñas de manicura francesa e a cidade elixida para o evento é Pontevedra. Será no marco do Salón de Beleza e Moda Expo Beauty, que celebrará a súa segunda edición no Pazo da Cultura entre os días 27 e 29.
O campionato disputarase, en concreto, o sábado 27 nos estilos de xel e acrílico (en categoría Máster e Novizo) e Mixed Media Box (tema libre) e os finalistas de Pontevedra participarán no Campionato Nacional de Uñas que se celebrará en febreiro de 2015 en Barcelona e no Campionato Internacional de Uñas que se celebrará en 2015 nunha cidade europea aínda sen definir (inicialmente estaba previsto a alemá de Dusseldorf).
Esta actividade é unha das dúas novidades desta edición de Expo Beauty. A segunda é que a organización chegou a un acordo cos organizadores de Miss World Spain (a antiga Miss España) para que en Pontevedra se celebre a selección dos candidatos ao certame das catro provincias galegas. Haberá tres candidatos por provincia tanto en modalidade feminina como masculina seguindo as bases que se poden consultar na web do Salón.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o xerente da empresa Docensa Qualitas, José Luis Bouzas, presentaron ambas as dúas actividades con motivo da presentación de Expo Beauty e da segunda edición do Congreso Profesional de Peiteado e Estética Galicia Look & Fashion, que se celebrará no Pazo os días 27 e 28 de setembro.
O congreso e a feira alcanzan este ano a súa segunda edición e, en opinión de Carlota Román, van camiño da consolidación, pois xa na súa primeira edición de novembro de 2013 recibiron 6.000 profesionais e 10.000 profesionais de toda Galicia e o Noroeste Peninsular. A clave está en que "es el único referente en el tercio noroeste", en palabras de Bouzas.
José Luis Bouzas destacou que non é fácil organizar unha feira destas características, que inclúe especificacións técnicas cada vez máis complexas para dar cobertura ás necesidades das empresas participantes. Na súa opinión, o futuro deste certame pasa por atraer ás marcas máis importantes e organizar tamén actividades que dean espectáculo coa presenza de estilistas e profesionais de prestixio.
Carlota Román destacou que con este Congreso e esta Feira comeza a "traca final" dun ano que foi moi impotante en canto á celebración de eventos e cumplirase co obxectivo de que os eventos congresuais den a conecer Pontevedra no exterior e teña un "importante retorno económico" no municipio.
Relacionadas:
-
Estética e beleza inundan o Recinto Feiral na apertura de ExpoBeuty e Galicia Look & Fashion
Por Redacción |
-
Reparan a cuberta de cristal da Praza de Abastos
Por Redacción |
-
Manicura, cremas e todos preparados para explotar as posibilidades profesionais da perruquería e a estética
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
O perruqueiro de La Roja analizará as últimas tendencias estéticas en Pontevedra
Por Natalia Puga |