Á gardaría sen choromicadas
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
Enma ten nove meses e este xoves viviu o seu primeiro día de 'cole'. Acudiu nos brazos dos seus pai, ÿscar, á escola infantil A Galiña Azul na Parda, onde se viviu, como en todos os centros da rede autonómica de gardarías, unha xornada de portas abertas. En contra da concepción xeral de que este momento é duro para os nenos e provoca choros e berros, a chegada de Enma ao centro non resultou traumático e a hora que permaneceu nas instalacións foi moi tranquila.
"Creo que es más duro para nosotros que para ellos", dicía un pai mentres observaba o seu fillo na clase na que estará ao longo de todo o curso. Apenas escoitáronse protestas do nenos, que foron chegando de forma graduada ao longo da mañá, acompañados de nais, pais, avoas e/ou irmáns. Xoel, de tan só nove meses, foi un exemplo desa conduta. Nos brazos do seu pai, percorreu tranquilo a súa nova clase e o resto das instalacións.
Os pais que acudiron á Galiña Azul da Parda mostráronse "encantados" co centro. ÿ o caso da nai de Diego, de dous anos, que xa acudiu ao centro o curso pasado e destaca a mellora do centro con respecto a cando estaba matriculado nunha escola infantil o seu fillo maior, Yago. "ÿl está encantado de venir, cuando no está bien en un sitio se le nota", asegura.
Na Parda tamén se deron cita este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, que xogou cos nenos nesta xornada de portas abertas (non para todos os nenos foi o primeiro día, pero si para todos os pais, que, como excepción, puideron entrar e estar cos pequenos). Fouces explicou que quixeron acompañar aos máis pequenos de Pontevedra en "este día tan importante" e "bonito" e tamén para acompañar ao persoal das escolas infantís, que "fan un traballo magnífico".
Por outra banda o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado dos concelleiros populares Jacobo Moreira e María José Rodríguez, visitou este xoves a Escola Infantil de Monte Porreiro con motivo do arranque do novo curso na rede autonómica.
Cores Tourís salientou que "dende o 2009 ata a actualidade, o incremento da oferta de prazas para nenos de entre 0 e 3 anos da Xunta de Galicia incrementouse na nosa provincia nun 65%, pasando dun total de prazas naquel ano de 1.999 á actual de 3.307", explicou o representante da Xunta.
En relación á cidade do Lérez, o delegado territorial recordou que a oferta pasou de dúas escolas infantís con 214 prazas (Campolongo e O Toxo) ás 6 actuais, con 487 prazas. "O incremento foi aínda máis elevado que no montante global da provincia, chegando ao 127%", engadiu.
A maiores, Cores Tourís recordou que na actualidade Marín ten unha escola en planificación. Entre as novidades coa chegada do novo curso comeza tamén a aplicación da exención total de cota a partir do segundo fillo matriculado na mesma escola infantil para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais.