Unha ferida na colisión por alcance entre dous vehículos en Caldas
Por Redacción
Unha muller resultou ferida este martes nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-640 ao seu paso por Caldas de Reis.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 tivo constancia do accidente ás 14.53 horas. Segundo indicou Protección Civil de Caldas, produciuse ao paso pola parroquia de Segade, á altura do punto quilométrico 223,5.
O sinistro consistiu nunha colisión por alcance entre dous vehículos que circulaban na mesma dirección cando un deles quería facer un cambio de carril de forma supostamente antirreglamentaria e o outro alcanzouno por detrás.
A ocupante do segundo turismo, un Citroën Xsara, resultou ferida e tivo que ser trasladada a un centro sanitario por unha ambulancia do 061. Ao lugar acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Caldas e Cuntis e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga.