Dúas alumnas de Esdemga seleccionadas para a pasarela Ego
Por Redacción
Unha oportunidade única para obter unha "visibilidade extraordinaria e amosar as túas cartas diante dos cazatalentos das principais empresas do sector". Así ve Lola Dopico, a directora dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga), o que supón para os deseñadores emerxentes ser seleccionados para o Samsung Ego, a pasarela para novos talentos da Madrid Fashion Week. Unha gran pantalla na que Esdemga estará de novo representada, posto que entre os 9 seleccionados para a pasarela que terá lugar o martes 19 de setembro figuran dúas tituladas pola Universidade, Elena Rial e Eva Soto.
Nunha plataforma para novos talentos á que concorren estudantes e titulados de escolas de moda de todo o Estado, Esdemga estará presente unha vez máis, algo que vén sucedendo cada ano desde o nacemento deste título.
Dopico recoñece nesta selección un xeito de "ratificar a calidade da formación que reciben os nosos alumnos por parte dos circuítos profesionais". No tocante á que será a edición número 60 da Madrid Fashion-Week, que se desenvolverá no Ifema entre o 11 e o 16 de setembro, terán cabida tanto unha representante da última promoción, Elena Rial, como unha titulada en 2008, Eva Soto, unha deseñadora que xa chamou a atención de fotógrafos de moda como Eugenio Recuenco ou de artistas de sona internacional como Lady Gaga.
Relacionadas:
-
A Madrid Fashion Week máis pontevedresa: catro alumnos da Esdemga brillan con luz propia
Por Redacción |
-
A Lady Gaga gústalle a Esdemga: unha das súas alumnas vestirá a artista no seu próximo videoclip
Por Redacción |
-
De Esdemga á pasarela de novos talentos da Fashion Week Madrid
Por Redacción |
-
O estilo dandy de Marta Domínguez, premiado no Xuventude Crea
Por Redacción |